lunes, 25 de febrero de 2013

ACTIVIDADES PARA FACILITAR A TRANSICIÓN ENTRE PRIMARIA E SECUNDARIA

Mañá mércores 27 de febreiro, iniciamos as actividades recollidas dentro do Plan de Transición entre Primaria e Secundaria.
Así, mañá as familias do alumnado do CEIP "San Roque" visitarán o centro, manterán un encontro co equipo directivo e a orientadora do centro; logo, asistirán a unha charla sobre a Adolescencia.
O día seguinte, xoves 28, será o alumnado de 6º do CEIP "San Roque" quen visitará o centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario