lunes, 18 de febrero de 2013

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA DO MORRAZO

O mércores 20 e o xoves 21 de febreiro celebraranse no Auditorio de Cangas as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA DO MORRAZO. Están organizadas polos institutos de Vilaboa, Moaña, Cangas e Bueu. Están dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Adultos e Ciclos Formativos de Grao Superior. No mes de abril, terá lugar a 2ª parte, na que o alumnado de 4º de ESO e PCPI visitarán os centros da comarca que ofertan ciclos formativos de grao medio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario