jueves, 28 de marzo de 2013

BUSCANDO WASLALA, OU O PODER TRANSFORMADOR DA EDUCACIÓN

No blog de El País, 3500 millones, Ideas Irrelevantes contra la pobreza,  publícase a experiencia de dous profesores valencianos, Mayte Carrilero e Javier Lafuente, que deixaron a súa casa para viaxar polo mundo, buscando a Waslala, "una sociedad justa en la que todo el mundo es féliz". Segundo eles mesmos relatan, levan 15 meses percorrendo o mundo desenvolvendo un proxecto sobre a educación como instrumento de cambio social.  Están entrevistando persoas ás que a educación lles cambiou a vida e crearon un web onde relatan toda a súa experiencia, buscando.waslala.org.
Eles mesmos propoñen utilizar nas escolas esta web como recurso educativo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario