martes, 26 de marzo de 2013

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO

No DOG do venres 22 de marzo, publícase a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de ESO, bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior que teñen unha lingua estranxeira no seu currículo. 
 O alumnado que desexe solicitar estas axudas ten que ter aprobadas todas as materias do curso 2011-12 e ter unha media de 6 na materia de lingua estranxeira, igualmente no curso 2011-12. 
O prazo de solicitude remata o 22 de abril. Infórmate na Secretaría do teu centro, no departamento de orientación ou clika para ver a convocatoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario