jueves, 7 de marzo de 2013

O BLOG COMO FERRAMENTA NOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN



Begoña Otero Riobó

Despois de ler varios artigos sobre a utilidade, papel dos blogs para os departamentos de orientación dos centros e, en xeral, para calquera docente, non vou dicir “vale, xa estou convencida”, porque xa o estaba.  Pero, ben é certo que as reflexións que fixeron outros con mais experiencia e traxectoria ca min neste campo, axudan a situarme neste mundo novo das ferramentas web 2.0, a abrirme camiños, a facerme interrogantes e tamén a pensar “canto me queda aínda por aprender”.  Pero isto, mais que agobiarme ponme ante un reto, un reto de aprendizaxe para mellorar a miña función orientadora no centro e ante a comunidade educativa.

Cada vez que leo artigos deste estilo, o primeiro que penso é cantas cousas e non sei por onde empezar.  Xa decidín que vou ir aprendendo e poñendo en práctica a medida que vou necesitando; e, paso a paso, cando xa sei facer un cousa vou a outra.  O artigo de Aníbal de la Torre ponte diante dunha cantidade de recursos que non vas utilizar agora, pero que sabes que están aí e nalgún momento podes botar man deles.

Síntome especialmente identificada co artigo de Mª Carmen Delgado, xa que explica o proceso que seguiu na posta en marcha do seu blog, como foi medrando no centro, entre o alumnado e a comunidade educativa.  Este é o obxectivo que me marco coa posta en marcha do blog orientación educativa (begoorienta.blogspot.com), do departamento de orientación do IES Monte Carrasco:

.- Personalizar a inxente cantidade de información que hai na web sobre orientación educativa: académica-profesional, titoría, atención á diversidade, educación en valores, convivencia,... de xeito que sexa útil á comunidade educativa do noso centro: que é un centro que escolariza alumnado só de educación secundaria obrigatoria, dun só centro adscrito, dun vila de tamaño medio,...; cun proxecto educativo moi centrado na atención á diversidade e na educación para a convivencia positiva.

.- Gañar en interactividade coa comunidade educativa; gustaríame que o blog fose unha ferramenta útil para o profesorado, alumnado e familias, tanto para atopar información, recursos, como para comunicarse co departamento.  A actualización permanente da información, a presentación de novos recursos,..., poden axudar neste obxectivo.  E si conseguimos que a comunidade educativa se comunique con nós a través do blog, xa daríamos por conseguido o gran obxectivo.

.- Mellorar a labor orientadora do departamento de orientación, utilizando as posibilidades que ofrecen as TIC e as ferramentas da web 2.0.  Así, en principio, subir cousas que xa estaban elaboradas en formato pouco interactivos (fase actual) para pouco a pouco ir adaptando os recursos existentes con novas ferramentas ou creando novos recursos  (seguintes pasos a dar)

No hay comentarios:

Publicar un comentario