lunes, 18 de marzo de 2013

PROCESO DE RESERVA PRAZA E SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013-14

O venres 15 de marzo de 2013 publicouse no DOG a Orde do 12 de marzo que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos recollidos Decreto 254/2012.
ASPECTOS A SALIENTAR:


  • Alumnado que cambia dun centro a outro ao que está adscrito: o prazo para a reserva de praza vai do 18 ao 22 de marzo.  Este é o caso do alumnado do CEIP San Roque que está cursando 6º de Primaria e que vai cursar 1º de ESO no IES Monte Carrasco.  O alumnado que estea neste caso e queira solicitar praza noutro centro distinto, debe renunciar expresamente á praza no IES Monte Carrasco. Clika aquí para descargar o documento que tes que entregar no instituto.
  • Alumnado que desexe solicitar praza noutro centro distinto ao da adscrición:  o prazo vai do 5 ao 17 de abril.  Este é o prazo no que teñen que solicitar praza o noso alumnado de 4º de ESO nos institutos de bacharelato próximos.  Hai que lembrar que só se entregará unha solicitude de admisión no centro escollido en 1ª opción, podendo na mesma solicitude sinalar ata 6 centros por orde de preferencia.  A presentación de mais de unha solicitude anula todo o proceso.
         Consulta aquí todo o calendario do proceso de admisión.




No hay comentarios:

Publicar un comentario