lunes, 29 de abril de 2013

ENTREVISTA A XURXO TORRES: UNHA MIRADA CRÍTICA PERO CLARIFICADORA AOS CAMBIOS QUE SE AVECIÑAN EN EDUCACIÓN

Entrevista ao catedrático de Didáctica Escolar da Universidade de A Coruña, Xurxo Torres, en Vía TV.  Despois de un 1º resumo sobre os principais cambios que propón a LOMCE no sistema educativo, o profesor Xurxo Torres fai unha análise crítica desta proposta de lei. Interesante para entender as propostas do cambio que se aveciñan no sistema educativo.

domingo, 28 de abril de 2013

NOVAS TECNOLOXÍAS E METODOLOXÍA TRADICIONAL. Vídeo de Peter Norvig

. Interesante vídeo sobre as aulas virtuais, ideas de como usalas, como reutilizar metodoloxías tradicionais coas novas tecnoloxías.

jueves, 25 de abril de 2013

PUBLICADA A LISTAXE PROVISORIA DE EXENCIÓNS NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Publicada a resolución provisional de exencións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria ordinaria 2013.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO NIVEL C1 DE INGLÉS


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará este ano por primeira vez probas libres para a certificación no nivel C1 en inglés nas Escolas Oficiais de Idiomas, no marco da adecuación progresiva que está a facer nestes centros á totalidade dos niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (A1-C2). O prazo de matrícula para todas as probas libres de certificación de ensinanzas de idiomas que se realicen nas EOIs abrirase este venres 26 de abril, ata o 10 de maio. Os interesados deberán inscribirse nas probas a través do enderezo web desde o enderezo web https://www.informaticacentros.com/xunta.
As novas probas de nivel C administraranse nas EOI da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. 

domingo, 21 de abril de 2013

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP - CONVOCATORIA 2013



As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.


Requisitos para presentarse ás probas
Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico.
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.

Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión na proba
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 19 ao 30 de abril, ata as 13:00 h.
Se queres ver toda a información, consulta a Orde do 5 de abril de 2013, que regula estas probas


MANUAL PARA A IDENTIFICACIÓN DE NECESIDADES EDUCATIVAS TDA-H e DEA

No Blog de Orientación do CPI de Panxón aparece referenciado un manual publicado pola Consellería de Educación do Goberno de Canarias, que nos proporciona  unha serie de instrumentos que podemos utilizar para a identificación das necesidades educativas do alumnado con trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade (TDAH) e con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA: dislexia, disgrafía, discalculia e dificultade específica de aprendizaxe da linguaxe oral) co obxectivo de dar a mellor resposta educativa adaptada ás características e necesidades destes nenos/as.

miércoles, 17 de abril de 2013

O ALUMNADO DE 4º DE ESO e PCPI DO NOSO CENTRO VISITA OS CICLOS DE GRAO MEDIO DA COMARCA


Alumnado do IES Monte Carrasco visitando o IES A Paralaia

Como complemento as III Xornadas de Orientación Académica e Profesional celebradas no mes de febreiro, o Departamento de Orientación, organiza unha xornada de visita aos centros do Morrazo que imparten Ciclos Formativos de Grao Medio.  O obxectivo é que o alumnado coñeza de 1ª mán a oferta de Ciclos do Morrazo. 





Este é a listaxe de Ciclos Formativos de Grao Medio que se imparten na comarca no orde en que os visitamos:


IES de RODEIRA - Cangas (8:45 a 10:00 h.)

CM de Xestión Administrativa
CM de Instalacións de Telecomunicacións

IES A PARALAIA - Moaña (10:30 a 12:30 h.)

CM de Instalacións eléctricas e automáticas
CM  de Mecanizado
(Neste centro tamén e imparte o CM de Xestión Administrativa)

IES JOHAN CARBALLEIRA – Bueu  (13:00 a 14:20 h.)

CM de Estética persoal decorativa
CM de Soldadura e caldeiraría
CM de Peiteado e cosmética capilar
(Neste centro tamén e imparte o CM de Xestión Administrativa)

No IES “As Barxas” de Moaña impártese ademais o Ciclo Medio de Ensinanzas Especiais de Técnico en Atletismo.  Si alguén está interesado nel, preguntade no Departamento de Orientación.

lunes, 15 de abril de 2013

lunes, 8 de abril de 2013

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE OBTENCIÓN POR LIBRE DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO

Ata o día 15 de abril de 2013, está aberto o prazo de inscrición para a realización de probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. 
A proba realizarase o 31 de maio.
Haberá outra convocatoria no mes de setembro.
Consulta todo o relativo a estas probas clikando aquí.
De tódolos xeitos, se tes dúbidas pregunta no departamento de orientación.

miércoles, 3 de abril de 2013

CAMPAÑA VERÁN 2013


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2013, para favorecer que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.
Acción de Verán'13 é un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Podes participar en:
  • Campamentos
  • Campos de Traballo
  • Actividades de 18 a 35 anos
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 17 DE ABRIL

Mais información: lugares, datas, inscrición.