domingo, 21 de abril de 2013

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP - CONVOCATORIA 2013



As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.


Requisitos para presentarse ás probas
Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico.
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.

Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión na proba
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 19 ao 30 de abril, ata as 13:00 h.
Se queres ver toda a información, consulta a Orde do 5 de abril de 2013, que regula estas probas


No hay comentarios:

Publicar un comentario