domingo, 26 de mayo de 2013

Convocadas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Xúntase a Orde do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
As solicitudes xunto co resto da documentación requirida presentarase no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que cursara ou estea a cursar a Formación en Centros de Traballo, dentro dun Ciclo de Grao Medio, un Ciclo de Grao Superior ou un Programa de Cualificación Profesional Inicial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario