jueves, 16 de mayo de 2013

Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudios postobrigatorios no curso 2013-14


A Consellería de Educación ven de convocar a Orde do 3 de maio de 2013 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/14.
O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (publicado no DOG do martes 14 de maio de 2013)
Ademais, establécese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes durante a primeira quincena do mes de setembro, para o suposto de ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde.
Así mesmo, poderá presentar solicitudes durante este prazo extraordinario o alumnado que realice ciclos formativos e, excepcionalmente no curso académico 2013/14, o de bacharelato.
Excepcionalmente e con respecto aos estudos universitarios, solicitarán praza só para o curso 2013/14, tendo en conta que o curso escolar durará o que se especifique no calendario escolar que esta consellería publicará no DOG no seu momento e que, en todo caso, os centros residenciais docentes pecharán as súas portas antes do 30 de xuño de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario