miércoles, 15 de mayo de 2013

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013/14


A Consellería de Educación ven de publicar a Resolución do 25 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013/14.
Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 14 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario