miércoles, 8 de mayo de 2013

SEDES E INSTRUCCIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2013

Publicadas as sedes e instruccións para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos de grao medio, 2013, en Galicia.

  • O alumnado do noso centro realizará as probas no IES de Rodeira, o 23 de maio, xoves.

  • As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.



Horario das probas
Presentación:
– Ás 9:00 horas.
Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
– Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).

Advertencias
 Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con móbiles nin calquera
dispositivo electrónico, agás as calculadoras permitidas para a realización das probas.
 O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas.  Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas
 Bolígrafos de tinta negra ou azul.
 Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario