jueves, 6 de junio de 2013

A ONU PREGUNTA POLOS OBXECTIVOS DO MILENIO PARA O 2015

A ONU acaba de publicar os resultados da enquisa MyWorld, para saber cales serían los obxectivos do milenio (que se renovarán en 2015) en opinión dos cidadáns.
Segundo o diario El País, a enquisa que a ONU ten lanzado en 194 países desde o mes de  marzo preguntaba a os cidadáns como queren que sexa o seu mundo.  Polo de agora, mais de 600.000 persoas contestaron a esta pregunta, sobre todo de países como Ruanda, Nigeria e India.  
Polo de agora, estas son as prioridades dos cidadáns:

  1. Boa educación
  2. Mellores sistemas de saúde
  3. Gobernos honestos, responsables e transparentes
  4. Mellores oportunidades de emprego
  5. Acceso á auga potable e ao saneamento
  6. Loita contra a fame
  7. Protección contra o crimen e a violencia
  8. Mellores transportes e estradas
  9. A protección dos bosques, ríos e océanos
  10. Erradicación da discriminación e persecución

No hay comentarios:

Publicar un comentario