martes, 25 de junio de 2013

INFORMACIÓN DE UTILIDADE PARA O ALUMNADO QUE REMATA 4º DE ESO

Algunhas datas de interese para o alumnado que remata 4º de ESO:

Matrícula no Bacharelato:  aquel alumnado que aproba todo en xuño pode matricularse no bacharelato, no instituto onde solicitou praza.  Aínda que o prazo de matrícula vai do 25 de xuño ao 10 de xullo, cada centro pode sinalar unhas datas concretas para a matrícula de 1º de bacharelato.

Solicitude de praza nos ciclos formativos de grao medio:  aquel alumnado que aproba todo en xuño ou ten superada a proba de acceso a ciclos, pode solicitar praza nun Ciclo Formativo de Grao medio, do 17 de xuño ao 2 de xullo.  A solicitude pode facerse vía web, ou utilizando os impresos que che facilitan no instituto onde se imparte o ciclo solicitado en 1ª opción.  Lembra que a solicitude é única e que podes poñer nela ata 8 ciclos diferentes ou 8 lugares diferentes onde se imparte o mesmo ciclo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario