miércoles, 12 de junio de 2013

SOLICITUDE DE PRAZA EN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR PARA O CURSO 2013-14

Na páxina web da Consellería de Educación está recollido o borrador da Resolución que regula os prazos e o procedemento de admisión para cursar ciclos formativos de grao medio e superior para o vindeiro curso 2013-14, tanto no réxime ordinario como no de adultos.
Neste borrador, estáblecese os seguintes prazos para solicitar praza nos ciclos formativos de grao medio e superior:

.- Prazo ordinario (para aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de acceso en xuño):  
do 17 de xuño ata ás 13:00 h. do 2 de xullo.

.- Prazo extraordinario (para aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de acceso en setembro):  
do 2 ao 12 de setembro ás 13:00h.

Se queres mais información sobre os prazos e o procedimento, clika aquí.

Así mesmo, tamén se publicou a oferta en centros públicos e privados concertados de ciclos formativos tanto de grao medio como superior para o curso 2013-14.

No hay comentarios:

Publicar un comentario