viernes, 20 de septiembre de 2013

A EDUCACIÓN SEXUAL EN ESPAÑA


Un artigo na web rtve.es, analiza o estado da educación sexual en España.  Parte de datos extraídos do Informe Juventud en España 2012  (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad) e sinala algúns puntos claves na situación actual:

  • Estase a adiantar a idade de inicio das relacións sexuais  (a idade media de inicio sitúase en torno aos 17 anos)
  • O método anticonceptivo mais utilizado polos adolescentes é o preservativo. Pero o seu uso é inconsistente: non se usa dende o principio, non se usa en todas as relacións sociais.
  • Este mal uso do preservativo está aumentando as enfermidades de transmisión sexual.  Isto debido a que os adolescentes teñen unha moi baixa percepción do risco que supón para eles.
  • Os adolescentes dispoñen de moita información sexual pero pouca formación.  Os pais non se senten preparados para abordar esta cuestión e a formación debe abranguer algo mais que cuestións biolóxicas, senón tamén e sobre todo educación afectivo-emocional.
Este vídeo tamén dun programa de RTVE, é un bo complemento sobre o tema.  Recolle a opinión, preocupacións e inquedanzas dos adolescentes sobre a educación sexual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario