lunes, 16 de septiembre de 2013

Listaxe de solicitantes de ciclos de FP na convocatoria extraordinaria de setembro

Publicadas as listaxes de solicitantes de praza nos ciclos formativos de grao medio e superior; así como nas modalidades adultos, semipresencial e a distancia. É importante que se comprobe que os datos son correctos para que non haxa sorpresas na adxudicación de prazas.

Se detectades algún erro, ata o mércores 18 de setembro se pode presentar reclamación.
E lembrade que o día 24 de setembro se publica a adxudicación das prazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario