miércoles, 25 de septiembre de 2013

MATRÍCULA EN CICLOS E MÓDULOS CON PRAZAS VACANTES

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 24 de setembro ata o día 4 de outubro ás 13:00 horas.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes e non posuir matrícula noutras ensinanzas.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada ata esgotar as prazas.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica á renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario