viernes, 18 de octubre de 2013

A Fundación Botín presenta o Informe 2013 sobre a Educación Emocional e Social

A Educación Emocional e Social reduce a violencia escolar, fomenta a igualdade e capacita ao neno para afrontar incertidumes.



A Fundación Botín fixo público o pasado 17 de outubro o Informe 2013 para dar a coñecer o estado da Educación Emocional e Social en distintos lugares do mundo. O desta edición é o terceiro realizado nos últimos 5 anos sobre as experiencias educativas nun total de 16 países.  Nesta ocasión, analízase como se está a levar á práctica este modelo educativo en Argentina, Austria, Israel, Noruega e Sudáfrica, e a súa aplicación para acadar o benestar e o desenvolvemento emocional, cognitivo e social da poboación infantil e xuvenil.  
Ata o de agora, tíñanse publicado dous informes, en 2008, analizando países como Alemania, España, Estados Unidos, Paises Baixos, Reino Unido e Suecia; e no 2011, países como Australia, Canadá, Finlandia, Portugal e Singapur.




No hay comentarios:

Publicar un comentario