lunes, 21 de octubre de 2013

A VIOLENCIA MACHISTA MEDRA ENTRE OS/AS ADOLESCENTES

O xornal El País, publicou onte domingo, 20 de outubro, un artigo no que se pon de manifesto o incremento nun 30% dos casos de violencia machista, nun ano.

O Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade publicará nas próximas semanas un estudio baseado en 8.000 entrevistas a xoves, que confirma que os adolescentes inician relacións sentimentais cada vez antes -a media de idade está nos 13 anos- e que son moi permeables aos estereotipos machistas que ven na casa, pero tamén no cine, na televisión, música, literatura,...
O vindeiro 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia cara as Mulleres.  Como sempre no centro estamos a preparar un acto de concienciación sobre esta lacra que, como vemos, no artigo vai en aumento entre os xoves.  Tamén participaremos nun acto organizado polo Centro de Información á Muller do Concello de Cangas.  Ademais, o alumnado de 4º de ESO, participará nun obradoiro para abordar esta problemática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario