martes, 8 de octubre de 2013

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos con prazas vacantes

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes de xeito que remata o día 9 de outubro ás 13:00 horas.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes e non posuir matrícula noutras ensinanzas.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada ata esgotar as prazas.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica á renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Réxime Ordinario
Ciclos formativos de grao superior con prazas vacantes  

Réxime para persoas adultas

No hay comentarios:

Publicar un comentario