lunes, 25 de noviembre de 2013

25 de NOVEMBRO: Hoxe, como todos os días, estamos en contra da violencia contra as mulleres

Xa fai varios días que vimos anunciando que o 25 de novembro se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  É certo que non podemos traballar esta gravísima cuestión un día ao ano, pero tamén é certo que o feito de que un día ao ano este adicado a esta lacra da nosa sociedade, fai que se visibilice mais.
No centro imos facer un acto no recreo de hoxe: cantaremos unha canción e leremos un manifesto.
Ademais, participaremos nos actos que organiza o Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, xunto con outros centros de Cangas.



Tamén queremos acordarnos hoxe de Malala Yousazfai, quen recentemente recolleu o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia, por defender o dereito á educación das rapazas paquistaníes, en particular, e,en xeral, os dereitos dos rapaces á educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario