lunes, 11 de noviembre de 2013

25 NOVEMBRO. Este ano adicado a traballar contra a violencia nas adolescentes.

Achégase o 25 de novembro, data en que a comunidade internacional recorda a loita contra a violencia de xénero.  É unha desas datas de conmemoracións escolares que a todos e todas nos gustaría deixar de lembrar, porque fose xa innecesario.  Pero non é así e este ano, cada pouco tempo, atopámonos con novas relativas ao incremento da violencia de xénero entre as adolescentes.  Pensando que é unha lacra que afecta ás nais e as avoas, esquecemos que os xoves reproducen modelos, non só das súas casas, senón tamén do seu contorno, e, hoxendía, moi sobremaneira dos modelos de relacións que se reflicten nas cancións, nas películas,...
Tampouco podemos esquecer a violencia que se exercerce a través das redes sociais:  sexting, grooming...

No noso centro, levamos traballando este tema dende fai moitos anos, na convicción, avalada polos expertos, que a prevención a través da educación e a formación son a única vía para mudar esta situación.
Ademais do traballo específico en titoría, contamos coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Cangas, que organiza un obradoiro de relacións afectivas saudables para alumnado de 4º ESO.  Ademais, este ano 2013 organiza un acto conxunto con todos os centros escolares do Concello.  Nós tamén faremos visible a nosa repulsa a este tipo de conductas cun acto no noso centro, o propio día 25, luns, no recreo.
Para o traballo en titoría, deixámovos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario