miércoles, 27 de noviembre de 2013

CALENDARIO SOLIDARIO DE ASPERGA





A Asociación Galega de Familias Afectadas polo Síndrome de Asperger veñen de editar un calendario para o 2014, gracias á colaboración de 24 actores e actrices galegos.
A colaboración desentiresada de todos eles e baixo a dirección do fotógrafo Edu Pereira, permitirá á Asociación recaudar fondos para desenvolver programas para a atención das persoas afectadas por este trastorno.
As fotografías do calendario recrean esceas das películas Cisne Negro, Xogo de Tronos, Ágora, King Kong, Jurassic Park, Star Wars, Gladiator, Lost, Pulp Fiction, Celda 211, Alien e O Señor dos Aneis.

A Síndrome de Asperger é un trastorno de natureza neurolóxica que se enmarca dentro dos trastornos do espectro autista e que afecta a 3-7 de cada 1000 nacidos, especialmente varóns.  A súa característica principal é a alteración da interacción social, cunha dificultade para comprender as regras sociais, para usar e entender os comportamentos non verbais ou para compartir experiencias.  Ademais, adoitan estar presentes rituais ou temas de interese obsesivos, un uso peculiar da linguaxe, dificultades motoras, tics ou problemas de atención, entre outros.  Na maioría dos casos a intelixencia non está afectada.  Trátase dun trastorno moi heteroxéneo, cunha manifestación variable nos distintos afectados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario