domingo, 10 de noviembre de 2013

SUPERKIDS: Guía dixital para a prevención da violencia na rede

European Superkids Online é un proxecto europeo integrado no Programa Daphne III, financiado pola Comisión Europea, que ten como obxectivo o fortalecemento dos xoves contra a violencia online, a través de módulos e-learning.
Fenómenos como o cyberbulling, acoso escolar a través das novas tecnoloxías; grooming, acoso sexual a través das novas tecnoloxías; sexting, envío de imáxenes de contido sexual ou exhibicionista; e, en xeral, todo aquilo relacionado coa falla de privacidade na rede, son cada vez mais frecuentes entre os nosos adolescentes.  Por iso, este programa aborda a prevención dos mesmos ou o xeito de afrontalos unha vez que se producen.

Mais información deste programa:   Guía didáctica do profesor

No hay comentarios:

Publicar un comentario