jueves, 26 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS



Con esta postal feita por Marta Camaño de 1º de ESO, para o concurso de Equipo de Dinamización Lingüística, quero desexarvos a todos e todas FELICES FESTAS!!!

Panxoliña do NadalI
Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.
II
Xa nas ponlas dun carballo
nasceu un vento ventiño;
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño.
Ten azas de paxariño
e craridades de día,
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María.
Manuel María
Lugo, Nadal, 1951

No hay comentarios:

Publicar un comentario