domingo, 29 de diciembre de 2013

Por que los niños se aburren en la escuela? ou Que escola queremos para que sociedade queremos?

Interesante vídeo de 13 minutos sobre o modelo de escola que temos e propostas de cambio.
Analiza a orixe dos sistemas educativos actuais na Revolución Industrial, na que se precisaba formar obreros ben adestrados.  Pouco cambiou o modelo educativo dende entón.
Ken Robinson, experto en desenvolvemento da creatividade, propón un sistema educativo que fomente o desenvolvemento da creatividade, a non división en ciencias, letras, humanidades, artes,...  Un sistema educativo que se centre mais no desenvovelmento das capacidades do individuo; en definitiva, aquilo que xa reclamaba o movemento pedagóxico da Escola Nova de principios do século pásado.

Este cambio lexislativo que propón o goberno, a LOMCE, hacia que modelo educativo vai?
Este documento audiovisual pode axudarnos a reflexionar sobre isto: imos educar para que cada neno, cada alumno atope o seu camiño na vida ou imos formar persoas perfectamente adaptadas a unha sociedade perfectamente deseñada?  Ou nin unha cousa nin a outra?

Aquí vos deixo tamén un artigo de Pau García-Milá, que vai na mesma perspectiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario