domingo, 15 de diciembre de 2013

VOCES CALLADAS, un vídeo elaborado por alumnado arxentino contra o bullying.

A TV pública arxentina ven de premiar o vídeo Voces Calladas, realizado por alumnos da escola Marío Casale de Las Heras.
A ritmo de rap un alumno vai percorrendo diferentes situacións, sentimentos, silencios de compañeiros que sofren bullying.
Este documento visual pode dar pé a traballar co alumnado en titoría sobre este tema.





O tema do bullying ou acoso escolar está cobrando relevancia, sobre todo pola súa dimensión cibernética.  O ciberbullying está facendo moito dano entre os nosos adolescentes; de feito, se identifica como a ferramenta grupal mais poderoso para executar o acoso escolar; por iso, a Policía Nacional lanza unha campaña, Todos contra el acosos escolar,  protagonizada por Iker Casillas. Segundo un informe da propia Policía Nacional, un alto porcentaxe dos escoalres entre 11 e 16 anos, tense sentido nalgún momento víctima de acoso escolar, a meirande parte deles non grave.  Pero, tamén se extrae deste estudio que case ningunha víctima llo ten comentado a un adulto; de feito, España é un dos países de Europa onde menos se recoñece ter sofrido acoso escolar.
A auxe das novas tecnoloxías, o acceso masivo a internet desde dispositivos móbiles, as aplicacións WhatsApp, Line ou Snapchat e a masificación no uso das redes sociais conleva que calquer incidente nun colexio ou instituto sexa subido rapidamente á rede, se viralice a súa difusión, se magnifique e a victimización se perpetúe no tempo.

Paralela a esta campaña preventiva en todos os centros educativos e a través das redes sociais, con implicación principalmente en Google, Facebook e Tuenti (#NOALACOSOESCOLAR), a Policía ten xa activo un correo electrónico específico para denunciar, de maneira confidencial, os casos de violencia nos centros educativos: seguridadescolar@policia.es







No hay comentarios:

Publicar un comentario