viernes, 10 de enero de 2014

"CRISE E CONTRATO SOCIAL. OS XOVES NA SOCIEDADE DO FUTURO". Estudio do Centro Reina Sofía, en colaboración coa FAD, sobre adolescencia e xuventude.




Crisis y contrato social. Los jóvenes en la sociedad del futuro
Este estudio revela que a crise rompe o "contrato social" entre xoves e sociedade.  Revela que case a metade dos xoves aceptaría calquera emprego, en calquera lugar e con salario baixo.

Na investigación promovida polo Centro Reina Sofia e a FAD (Fundación de Axuda á Drogadicción) analízanse as percepcións dos xoves españois sobre a crise, as súas expectativas e estratexias para afrontar o presente e proxectarse hacia o futuro.

Elena Rodríguez e Juan Carlos Ballesteros, autores do estudio, utilizan unha metodoloxía combinada, enquisas a 1000 xoves entre os 18 e os 24 anos, e grupos de discusión mixtos (8), en diferentes cidades españolas. Analizan como viven os xoves a aparente ruptura do "contrato social", compromiso implícito entre os xoves e a sociedade que estipula que a cambio dun esforzo incial, normalmente de carácter formativo, garántese a integración futura  (social, labora, cidadán) deses xoves. E, por outra, analizan como repercute esta situación en diferentes ámbitos na vida dos xoves: desemprego, dificutlades para a emancipación, inseguridade e confusión, entre outros.


Unha das conclusións mais chamativas, que foi resaltada polo director xeral da FAD na presentación do estudio, é que o 84.9% dos xoves entre 18 e 24 anos considera moi ou bastante probable ter que traballar no que sexa; o 61.7% considera igual de probable ter que irse ao estranxeiro e o 79.2% ter que estudiar mais.


Clikando na imaxe podedes acceder e descargar o estudio completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario