domingo, 26 de enero de 2014

INTENSAS XORNADAS SOBRE O TDAH

Ao longo das dúas xornadas nas que se desenvolveron as Xornadas de TDAH do Morrazo, aprendimos, debatimos, intercambiamos un montón de cousas sobre o TDAH.
Cun Auditorio abarrotado de profesores, especialistas, non só do Morrazo senón chegados dende todos os puntos da xeografía galega, estivemos aprendendo moito sobre este Trastorno que afecta na poboación escolar do Morrazo en torno a un 5%  (248 casos diagnosticados na poboación en idade de escolaridade obrigatoria, escolarizada en centros do Morrazo).
Foto de G. Núñez.  Faro de Vigo


Na 1ª xornada o doutor Angel Carracedo expuso dun xeito moi didáctico e que engachou o auditorio, pese a que o tema podería sernos bastante alleo  (a xenómica), as bases xenéticas do TDAH.
Ademais, contounos que, como o seu nome indica ao ser este un Trastorno é moi complexo e con diferentes facianas.  O afondamento no estudio xenético permitiranos discriminar mais o diagnóstico.
Tamén e polo mesmo motivo explicouno que a intervención con alumnado afectado de TDAH debe ser multidisciplinar: médica  (ás veces, farmacolóxica), psicopedagóxica, familiar,...
O que nos deixou claro é que un alumno TDAH non presenta os síntomas visibles porque quere, é que o seu cerebro funciona de maneira diferente.

O sábado pola mañá, a psicóloga do centro CADE  (Madrid) Carolina Castellano, afondouno nas peculiaridades deste Trastorno para sinalar o que estaba mais afectado pola diferencia de funcionamento do alumnado TDAH era a intelixencia executiva.  Esta é a que regula as demais intelixencias, a cognitiva e a emocional; é a encargada de organizar, planificar, priorizar,...  Por iso é moi importante traballar estes aspectos no alumnado TDAH, porque as dificultades nestes aspectos son as que moitas veces levan ao fracaso escolar.  Esta especialista incideu nas dificultades que presentan estes alumnos así como estratexias para minimizar os seus efectos.  Moitas cousas xa estamos a facer e outras moitas podemos poñelas en marcha, sempre dependendo das características individuais do alumno.

O venres pola tarde aínda tivemos tempo, despois de escoitar a doutor Carracedo, de analizar as estatísticas de incidencia do Trastorno no Morrazo, así como de coñecer a proposta que facemos de coordinación da intervención entre os profesionais da comarca que incidimos na alumnado TDAH:  sanitarios, sevizos sociais, escolares,...  Unha proposta novedosa en Galicia e que pode ser completada co protocolo que vai publicar as Consellerías de Educación e Sanidade, como anunciou na inauguración das Xornadas o Conselleiro de Educación.

Para finalizar as xornadas, organizámonos en 5 obradoiros: infantil, 2 de primaria, un de secundaria e outro xeral, onde intercambiamos experiencias e practicamos estratexias de traballo na aula con este alumnado.

En definitiva, todas estas reflexións e experiencias esperemos que servan para mellorar a nosa intervención na aula. Estou convencida de que vai ser así.




No hay comentarios:

Publicar un comentario