viernes, 31 de enero de 2014

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA


A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,  ven de publicar unhas instrucións, con data do 31 de xaneiro de 2014 para dotar dun marco de referencia para previr e intervir situacións de absentismo escolar, para os centros educativos de ensinanzas non universitarias de Galicia.

Pódese consultar todo o relativo a este protocolo premendo aquí.

Cabe felicitarse de que por fin a Consellería dote aos centros dun marco de actuación ante o absentismo escolar, desenvolvendo os artigos 21 a 24 do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención a diversidade do alumnado en Galicia.  Ademais, compre salientar que recolle as boas prácticas que se viñan poñendo en práctica en comarcas e concellos de Galicia, entre elas o Morrazo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario