domingo, 23 de febrero de 2014

CHARLA INFORMATIVA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA OS PAIS DE 4º ESO


O luns 24 de febreiro, o Departamento de Orientación organiza unha charla informativa para as familias do alumnado de 4º ESO.  Será no Salón de Actos do instituto ás 19:30h.

Os obxectivos desta charla son:
.- Informar ás familias das opcións académicas que se abren para o alumnado que remata 4º de ESO
.- Resolver todas as dúbidas que poidan xurdir ao respecto
.- Complementar o programa de orientación que se está a desenvolver co alumnado.

As datas escollidas para desenvolver o programa teñen relación coas datas de reserva de praza no bacharelato, que abranguen dende o 1 ao 20 de marzo.  Os pais/ nais / titores deberán entregar unha única solicitude de admisión no instituto onde se desexe cursar o bacharelato en 1ª opción.

Para o alumnado que esté pensando en cursar un Ciclo de Grao Medio, o prazo de admisión  non se abre ata o 17 de xuño e vai ata o 2 de xullo.

Hai que lembrar que as IV Xornadas de Orientación Académica cotemplan unha acción específica para o alumnado de 4º de ESO:  o 29 de abril visitaremos os institutos da comarca que imparten ciclos formativos de grao medio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario