martes, 11 de febrero de 2014

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS


Vense de publicar a Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan probas para a obtención do título en Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.

REQUISITOS PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2013/14 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA AS PROBAS


Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

LUGARES DE MATRÍCULA PARA AS PROBAS

 Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez,
avenida de Buenos Aires, s/n.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Sánchez Cantón,
avenida Raíña Victoria.

Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «F»: Centro EPA Berbés, rúa
Marqués de Valterra, 8-1º.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «G» e a letra «O»: IES Politécnico, rúa de
Torrecedeira, 88.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «P» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza
de América, 7.

O Porriño:
– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros).

Tui:
– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n.

REALIZACIÓN DAS PROBAS


  • 23 de maio
  • 11 de setembro


No hay comentarios:

Publicar un comentario