martes, 11 de febrero de 2014

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO CEIP SAN ROQUE VISITOUNOS HOXE

Como estaba previsto no Plan de Transición de Primaria a Secundaria, hoxe, martes 11 de febreiro, o alumnado de 6º de Primaria do CEIP "San Roque" visitou hoxe o noso centro.  Viñeron acompañados polos seus titores, Luis e Félix.

Despois dunha charla no Salón de Actos, compartiron o tempo recreo co alumnado do noso centro.  A continuación visitaron as instalacións do centro: tocaron na Aula de Música co alumnado de 2º ESO; coñeceron á auxiliar de conversa en lingua inglesa, Jaclin; os seus compañeiros de 1º ESO explicáronlles como se traballa en Atención Educativa de 1º ESO, no que se participa nun obradoiro de teatro; viron unhas preparacións ao microscopio no laboratorio; coñeceron na aula de informática ao noso alumnado de PCPI...

En fin, un primeiro achegamento ao centro que os vai acoller o vindeiro curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario