domingo, 2 de febrero de 2014

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO




Esta semana imos iniciar o Plan de Orientación Académica para o alumnado de 4º de ESO. Este Plan inclúe accións co alumnado e tamén coas familias.








As actividades para o alumnado traballaranse basicamente dende a Aula Virtual do Centro, onde se recolle toda a información básica que o alumnado pode necesitar: documentos, enlaces, o programa Orienta 13-14, cuestionarios,... 
Completaranse coa participación do alumnado nas IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional, que na súa 2ª parte inclúe visitas aos centros da comarca que imparten Formación Profesional.  A visita terá lugar o martes 29 de abril, aos institutos: Rodeira, Joham Carballeira (Bueu) e A Paralaia  (Moaña).  Alí coñecerán de 1ª mán a oferta de ciclos formativos de grao medio de cada un dos centros.

Para as familias está prevista unha charla informativa a finais do mes de febreiro, antes do inicio do período de reserva de praza no bacharelato, que vai do 1 ao 30 de marzo.  

O que se pretende é que tanto as familias como o alumnado estén informados sobre as opcións que van ter unha vez rematado este curso, ben sexa co título da ESO ou sen o título.

No hay comentarios:

Publicar un comentario