domingo, 2 de febrero de 2014

PLAN DE TRANSICIÓN PRIMARIA-SECUNDARIA

O Departamento de Orientación do IES Monte Carrasco vai poñer en marcha, como cada curso, o Plan de Transición Primaria-Secundaria, para facilitar o paso de Primaria á Secundaria do alumnado do seu centro adscrito, CEIP San Roque.

Este Plan  iniciase no mes de febreiro cando se achega o período de reserva de praza para o alumnado de 6º de Primaria do centro adscrito.  Este período vai do 1 ao 15 de febreiro, segundo se recolle na Orde do 12 de marzo de 2013.

As accións que se poñen en marcha a partir da semana próxima son:

DATA
ACTIVIDADE
 3 de Febreiro
Envío de carta personalizada aos pais de cada alumno/a: inclúe carta presentación,  tríptico explicativo e calendario de actividades.

11 de Febreiro
(martes)
10:00 h.: Visita do alumnado de 6º ao instituto  (bus gratuito dende o CEIP “San Roque”). Percorrido polo centro.

12 de Febreiro
(mércores)
Recepción de pais no IES  (con bus gratuito dende o CEIP “San Roque”):
  • 10:00 h.:  Encontro coa dirección do centro.  Presentación da nova etapa que inician os seus fillos/as o vindeiro curso.  Visita ás instalacións  do centro
  • 11:30 h.:  Pausa-café
  • 12:00 h.:  Charla-coloquio, “A adolescencia, normas e límites”



O día 12 febreiro, entregaráselles aos pais o impreso para a reserva de praza, que deberán entregar cuberto ao titor de 6º dos seus fillos antes do 15 de febreiro.

Este Plan de Transición, continuará no mes de xuño e no mes de setembro con outras accións previstas nel.























No hay comentarios:

Publicar un comentario