martes, 25 de febrero de 2014

PRESENTACIÓN DAS IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN



Hoxe, martes 25 de febreiro, presentáronse as IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional.
Foi no Salón de Plenos do Concello de Cangas ás 7 da tarde.  Na mesa estaban (de esquerda a dereita) os alcaldes de Vilaboa, Moaña e Cangas, o director do IES As Barxas e a orientadora dese mesmo centro.

Presentes na sala as inspectoras educativas, Dª Rosa Pérez Santiago e Dª Adoración de la Fuente; os directores/as e as orientadoras e orientadores dos centros organizadores; representantes das Asociacións de Nais e Pais e público en xeral.

Mañá, mércores 26, dan comezo estas Xornadas coa Mesa Redonda sobre as Probas de Acceso á Universidade, a cargo do profesor Luis Herbella.  Na 2ª parte da mañá, haberá dúas mesas redondas simultáneas: unha sobre as ensinanzas especiais e outras sobre o estudios de Formación Profesional de Grao Superior.

En todas as mesas, participará alumnado que está cursando as ensinanzas que se abordan; o alumnado asistente terá a posibilidade de charlar con estes estudantes ao final de cada mesa redonda.

PROGRAMA COMPLETO

No hay comentarios:

Publicar un comentario