sábado, 15 de febrero de 2014

SEMANA DE TALLERES NO IES MONTE CARRASCO

Esta vindeira semana o Departamento de Orientación organiza varios obradoiros dentro do Plan de Acción Titorial.

O martes, 18 de febreiro, a Asociación Arela ofrecerá dúas charlas no centro: unha para o alumnado de 3º de ESO e outra para o alumnado de 4º ESO e PCPI.  A charla está enmarcada no Programa Katorce18, de prevención de conductas infractoras, que desenvolve en colaboración coa Fundacion Barrié.




O mércores, 19 de febreiro, a  Asociación para el Estudio de la Lesión Medular Espinal (AESLEME), dará unha charla para o alumnado de 2º ESO, para previr os accidentes que provocan lesións medulares e cerebrais, a meirande parte deles irreversibles: tetraplexías, paraplexías, traumatismo craneoencefálicos,..  A charla, impartida por unha persoa afectada por unha lesión medular, céntrase nos accidentes de motos, nas zambullidas no mar... así como a maneira de previr eses accidentes.


Tamén continuaremos cos obradorios que organizamos co técnico de prevención de drogodependencias do Concello de Cangas; nesta semana para 3º e 2º ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario