jueves, 27 de marzo de 2014

CONVOCADAS AXUDAS PARA O ALUMNADO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2014

A Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a Orde do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de marzo ata o 28 de abril (incluído)

REQUISITOS:

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato,
en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, 
durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13.
c) Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación
primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar, como DNI identificativo, o DNI do pai ou da nai.
TIPOS DE AXUDAS:



A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.


Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503


No hay comentarios:

Publicar un comentario