martes, 4 de marzo de 2014

FINALIZARON AS IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL



Deixamos aquí un resumo fotográfico das IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional.  Durante os días 26 e 27 de febreiro o alumnado de bacharelato da comarca tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a oferta de estudios superiores, tanto de formación profesional como universitarios.

Ao mesmo tempo, os institutos participantes espuxeron unha mostra do traballo que se leva a cabo nos centros nos estudios de formación profesional.

Queda por facer unha avaliación das Xornadas tanto por parte do alumnado ao que ían dirixidas como dos organizadores.

E no mes de abril, a 2ª parte para o alumando de 4º de ESO e PCPI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario