jueves, 6 de marzo de 2014

O BOE DECLARA EQUIVALENTES A TITULACIÓNS DE GRAO AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES



O mércores 5 de marzo, o BOE ven de publicar o RD 96/2014, polo que se declaran equivalentes os títulos de ensinanzas artísticas superiores a titulacións de Grao, aínda que na súa denominación non figure a denominación de Grao.  En Galicia, isto afecta ás titulacións de:

.- Conservación e Restauración de Bens Culturais
.- Estudos superiores de Deseño, nas súas especialidades: deseño gráfico, deseño de interiores, deseño de moda e deseño de produtos.
.- Estudos superiores de Arte Dramática
.- Estudos superiores de Música
.- Estudos superiores de Danza

No hay comentarios:

Publicar un comentario