lunes, 14 de abril de 2014

CAMPAÑA DE VERÁN 2014 DA XUNTA DE GALICIA


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre.







Acción de verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

Por iso, na campaña 2014 organiza unha serie de accións, que inclúe a mozos e mozas galegos con discapacidade:
  • Campamentos
  • Campos de Traballo
  • Actividades 18-30



No hay comentarios:

Publicar un comentario