lunes, 28 de abril de 2014

INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

No portal da Consellería de Educación publícanse hoxe instrucións para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos de Grao Superior.


Data de celebración

7 de maio de 2014

Lugar de celebración

Os lugares de celebración das probas de acceso a grao superior están publicados nos taboleiros dos centros de inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Documentación que se precisa

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Horario das probas

Presentación:  ás 9:00 horas.

Parte común da proba: das 10:15 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba: das 16:00 ás 18:30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao
chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

Bolígrafos de tinta negra ou azul.

Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade
para almacenar e transmitir datos.

Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra,
escuadra e cartabón



No hay comentarios:

Publicar un comentario