miércoles, 28 de mayo de 2014

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA O CURSO 2014-15

Segundo a web http://www.dudasbecasmec.com, do borrador do BOE para a solicitude de bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2014-15 despréndese que as cuantías, requisitos e esixencias para acceder ás mesmas serán iguais ás da convocatoria 2013-14.


Este cadro que aparece na web sinalada arriba, resume os requisitos académicos para o acceso ás bolsas do Ministerio.

Requisitos académicos becas mec

jueves, 22 de mayo de 2014

PROXECTO DE DECRETO DO CURRÍCULO DA EDUCACIÓN PRIMARIA EN GALICIA




Publicado o Proxecto de Decreto polo que establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Establécese un prazo de ata o 9 de xuño para que se poidan realizar suxestións, aportacións,... 

Cabe lembrar que a implantación da LOMCE no relativo á Educación Primaria comenza o vindeiro curso, en 1º, 3º e 5º de Primaria.

LUGARES DE REALIZACIÓN E INSTRUCIÓNS PARA AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Publicadas as sedes onde se van desenvolver as probas de acceso a ciclos de grao medio así como as instrucións para a realización das mesmas.


O alumnado do IES Monte Carrasco, realizará as probas no IES de Rodeira, con arreglo ao seguinte horario, o 4 de xuño de 2014:

Presentación:
– Ás 9:00 horas.

Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
– Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

Parte científico-técnica da proba:
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).

Para realizar a proba é imprescindible ir provisto do DNI así como do resgardo da folla de inscrición na proba.



lunes, 19 de mayo de 2014

miércoles, 14 de mayo de 2014

BORRADOR DE DECRETO DA FP BÁSICA EN GALICIA


A Consellería de Educación ven de publicar no seu portal educativo, o borrador de Decreto polo que se regula a Formación Profesional Básica en Galicia.  Ademais, publícanse os currículos de 21 títulos de formación profesional básica agrupados en familias.

A Formación Profesional Básica, regulada na LOMCE, substituirá aos Programas de Cualificación Profesional Inicial, regulados na LOE.  No calendario de implantación da LOMCE, para o curso 2014-15, está previsto a implantación destes programas regulados polo R.D. 127/2014, publicado no BOE do 5 de marzo de 2014.

Este é un borrador, do que temos que esperar aprobación definitiva, canto antes, así como a publicación da Orde correspondente que o desenvolva.  




Web especializada en vídeos para utilizar nas aulas.  Están organizados por ámbitos de coñecemento e por materias.

Por exemplo, no ámbito Ciencias, hai vídeos de Física, Química, Bioloxía, Informática, Matemáticas, Tecnoloxía,...

No ámbito Lenguas, hai vídeo de inglés, castelá, latín,...

Vídeos de Historia e Xeografía, Economía, Filosofía, Psicoloxía, Titoría, están recollidos no epígrafe Ciencias Sociais.

sábado, 10 de mayo de 2014

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN DA FEDERACIÓN DOWN GALICIA




A Federación Down Galicia ven de presentar o seu Punto Virtual de Educación, onde pon a disposición do profesorado un e portal web de referencia para distribuír información, recursos e metodoloxías educativas adaptadas, promovendo facilitando a inclusión, a participación e a aprendizaxe do alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades.
  • Recursos educativos: materiais educativos, exemplos de materiais adaptados, bibliografía e páxinas web de referencia segundo as diferentes etapas educativas.
  • Preguntas frecuentes (FAQs): preguntas e consultas que soen ser habituais, clasificadas por temáticas: organización de espazos, conduta e atención, metodoloxía e didáctica, currículo e avaliación
  • Consultas: formulario de consultas que pódense realizar no e-mail do servizo de educación da entidade Down máis próxima.

De especial interese poden resultar o apartado de recursos educativos, no que se recolle unha selección de materiais por etapas educativas: infantil, primaria e secundaria.  En cada unha delas, atopamos algúns temas adaptados.