domingo, 29 de junio de 2014

LISTAXE DEFINITIVA DE APROBADOS NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Na web da Consellería de Educación, ven de publicarse a listaxe definitiva de aprobados na proba de acceso a ciclos de grao medio, tras o período de reclamacións.


A partires do luns 30 de xuño poderán recollerse as certificacións de ter aprobado nos centros onde se realizou a proba.  Lembrade que os que teñades unha parte da proba superada, podedes solicitar igualmente a certificación, xa que nas dúas vindeiras convocatorias de probas de probas de acceso a ciclos de grao medio, manterase o aprobado nesas partes sin necesidade de volver a examinarse.


Ademais, non esquezades que o prazo para solicitar ciclos remata o venres 4 de xuño ás 13:00 h.

martes, 17 de junio de 2014

HAPPY

Aquí vos deixo un bo traballo do alumnado do CS de Lengua de Signos do IES Abyla de Ceuta.  Ten o engadido de que está coordinado por un profesor do centro que é natural da nosa comarca, en concreto de Bueu.

O vídeo é unha interpretación en lengua de signos da canción de Pharrel Williams, Happy, para facer comprensible esta canción a calquera persoa con sordeira.

O Faro de Vigo de hoxe recolle a noticia, dando conta do éxito deste vídeo nas redes sociais.



ABRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS CICLOS FORMATIVOS TANTO DE GRAO MEDIO COMO SUPERIOR

A Consellería de Educación ven de publicar as instrucións para desenvolver o proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2014-15.

O calendario cos distintos prazos de admisión é o seguinte:





Lembra que para solicitar praza en xuño tes ques cumprir algunhas das condicións para o acceso, titulación, proba da acceso, antes do día do remate do prazo, 4 xullo.  Senón deberás esperar á convocatoria de setembro.

Admisión a ciclos formativos de grao medio en todos os réximes e modalidades

Admisión a ciclos formativos de grao superior en todos os réximes e modalidades

Acceso á solicitude vía web

lunes, 16 de junio de 2014

MALALA SEGUE A DEFENDER A EDUCACIÓN PARA TODOS OS NENOS E NENAS


Foto: EFE, publicada en 24 horas. El diario sin límites

Numerosos medios de comunicación se fixeron eco estes días da visita de dous días de duración de Malala Yousafzai a Oslo.  Invitada polo Comité 14 de Agosto, organización encargada de celebrar 0 día nacional paquistaní en Noruega, resaltou o seu deber de traballar para que 56 millóns de nenos que non teñen educación no mundo poidan recibila.

Malala fora tiroteada no seu país, Paquistán, por defender o dereito das nenas a recibir educación.  Na actualidade vive en Reino Unido e segue a defender o dereito dos nenos e nenas a recibir educación.






CONVOCADAS PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES PARA O CURSO 2014-15


Os Centros Residencias Docentes son centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ofrecen aloxamento, manutención e diversas actividades a alumnado de formación profesional e bacharelato que non poida cursar o bacharelato ou ciclo formativo escollido na localidade de residencia habitual da familia ou que non poida desplazarse con facilidade á localidade onde se imparten as ensinanzas non universitarias  desexadas.



A Orde do 6 de xuño de 2014 convoca prazas nos Centros Residencias Docentesde A Coruña, Vigo e Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato, entre o 17 de xuño e o 11 de xullo de 2014.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o 17 de xuño e o 18 de xullo de 2014.

Lugar de presentación de solicitudes: secretaría do Centro Residencial Docente ao que se desexa acceder

Accede á información de cada un dos Centros Residencias Docentes:






ACTUALIZADA A OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS PARA O VINDEIRO CURSO 2014-15

A Consellería de Educación ven de publicar as Ordes de actualización da oferta de ciclos formativos de grao medio e superior, tanto na modalidade presencial, semipresencial e a distancia, para o vindeiro curso 2014-15.

Nas seguintes ligazóns podes consultar dita oferta:

Oferta no réxime ordinario e na modalidade presencial

Oferta no réxime de persoas adultas nas modalidade presencial, semipresencial e a distancia

Oferta clasificada por familias no réxime ordinario

Oferta no réxime ordinario clasificada por provincias e concello

Están por publicar as instruccións sobre o proceso de admisión: datas para solicitar ciclos, proceso,...

viernes, 13 de junio de 2014

CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Xa están publicadas as cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos de grao medio.

Poden presentarse reclamacións ás cualificacións entre  os días 16 e 18 de xuño, no centro onde se realizou a inscrición para a proba.

Modelo de reclamación

Hai que lembrar, que quen supere algunha das partes da proba pero non na súa totalidade, pode pedir unha certificación das partes superadas cunha puntuación igual ou superior a 5.  Esta certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia. A certificación solicitarase no centro onde se realizaron as probas.



martes, 10 de junio de 2014

TITULACIÓNS DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO PARA O CURSO 2014-15

Mañá empezan as Probas de Acceso á Universidade para o alumnado galego que desexe acceder á Universidade.  Durante os días 11, 12 e 13 de xuño celebraranse as probas.

Aquí vos deixo, para cando haxa que tomar decisións, a listaxe de titulacións do Sistema Universitario de Galicia, coas prazas que se ofrecen para 1º no curso 2014-15

http://ciug.cesga.es/PDF/carteltitu2014.pdf

CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE MADUREZ PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS


Listaxe provisional de cualificacións nas probas de madureza do 6 de xuño dos aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2014/2015

MAREAS POLA EDUCACIÓN PÚBLICA





O 16, 17 e 18 de xullo, no CPI de Panxón, Nigrán (Pontevedra) celebraranse as 1ª Xornadas das Mareas pola Educación Pública, un encontro estatal baixo o lema "A educación que queremos"
Inscrición e información en http://mareaverdedoensino.blogspot.com.es

jueves, 5 de junio de 2014

A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA


O pasado mércores, 21 de maio, os orientadores e orientadoras de Galicia, fomos convocados pola Consellería de Educación a unhas Xornada sobre "A orientación profesional e as novas competencias profesionais".  Entre outros temas, abordouse a implantación da FP Básica en Galicia para o vindeiro curso 2014-15, un sustitución dos Programas de Cualificación Profesional Inicial que se implantaran coa LOE.


Pese a esta presentación, segue habendo moitas dúbidas sobre a implantación destas novas ensinanzas, incluídas dentro da Formación Profesional.  Aínda non sabemos  a estas alturas do curso, en que centros se van implantar que perfís profesionais. Así os orientadores e orientadoras non podemos orientar ao noso alumnado.  A intención da Consellería de Educación é implantar a FP Básica nos centros educativos onde actualmente se imparten Ciclos de Grao Medio, coa conseguinte limitación de perfís profesionais aos que poderá acceder o noso alumnado. , o que non redundará no aumento da súa motivación.
Tamén se nos deixou claro, que desaparece a modalidade C-mixta dos actuais PCPI, que tiña como vantaxe que non centro que non tiña FP podía atender ao seu alumnado en risco de abandono escolar ofrecéndolle a cada alumno o perfil que mellor se axustase ás súas preferencias.

PRESENTACIÓN DO SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

O blog de Orientación do CPI de Panxon, administrado por Mª Pastora Astray, recolle unha presentación para explicar e aclarar como queda o sistema educativo español tras a aprobación da LOMCE.


Esta presentación foi elaborada por un grupo de traballo colaborativo de APOCLAM  (Asociación Profesional de Orientadores de Castilla-La Mancha). Está pensada para explicar os cambios ao alumnado, ás familias e ao profesorado.  



Pode consultarse online no seguinte enderezo: http://www.sistemaeducativo.apoclam.org/

O USO DE INTERNET E AS NOVAS TECNOLOXÍAS ENTRE OS ADOLESCENTES: CLAVES PARA ENTENDER E PREVIR



Este é o título da charla coloquio que organiza a Concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Muller do Concello de Cangas, este venres, 6 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, ás 7 da tarde.


Na charla intervirán:  

  • D. Daniel Neira Barral, avogado e asesor xurídico  do Valedor do Pobo de Galicia, que abordará As medidas legais e de control
Esta charla coloquio, que precederá á Clausura das Escolas de Nais e Pais que o Concello organizou ao longo deste curso, pode ser un bo complemento das accións que se levan a cabo nos centros educativos para abordar estas cuestións.

En concreto, no noso centro, o departamento de orientación ven organizando dende o curso pasado, charlas sobre o uso das redes sociais e a navegación pola rede, en colaboración coa Asociación ARELA  (programa Ktorce-18), para o alumnado de 3º e 4º de ESO.  Tamén nos acollemos ao programa "Navega con Rumbo" da Consellería de Educación






EXAMES E RESPOSTAS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Onte, mércores 4 de xuño, celebránronse as probas de acceso a ciclos de grao medio.
Aquí vos deixo o enlace os exames e as respostas que a Consellería de Educación "colgou" no seu portal:



Lembrade que o resultado das probas, publicarase na web da Consellería de Educación o día 13 de xuño.  Tamén se publicará nos centros onde se celebraron as probas.

miércoles, 4 de junio de 2014

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2014-15




A Consellería de Educación ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2014-15.

Poderán  solicitar estas axudas os pais / nais e/ou titores legais do alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.

A novidade desta convocatoria é que unha vez rematado o curso para o que se mercaron os libros, o alumnado que accedeu a estas axudas deberá depositalos libros de texto no banco de libros do centro.

Haberá que presentar unha solicitude por cada fillo matriculado en centros sostidos con fondos públicos nas ensinanzas sinaladas.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Educación Primaria e Educación Especial:  do 2 de xuño ao 2 de xullo

Educación Secundaria:
.- do 25 de xuño ao 28 de xullo, para o alumnado que aprobe todo en xuño
.- do 2 de setembro ao 2 de outubro, para o alumnado que teña que presentarse ao exmes da convocatoria extraordinaria de setembro

En todo caso, a solicitude presentarase no centro no que o alumnado se matricule para o curso 2014-15.

ACCESO ÁS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO PARA O CURSO 2014/15




No DOG do 4 de xuño de 2014, publícase a Resolución que regula o acceso e admisión para as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2014-15.



SOLICITUDE DE CICLOS DE GRAO MEDIO DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO: dende o 5 de xuño ao 19 de xuño na Secretaría dos centros onde se imparta o ciclo que escollemos como 1ª opción.

SOLICITUDE DE CICLOS DE GRAO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO: dende o 5 de xuño ata o 24 de xullo na Secretaría dos centros onde se imparta o ciclo que escollemos como 1ª opción.

OFERTA EDUCATIVA EN GALICIA DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO