miércoles, 4 de junio de 2014

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2014-15




A Consellería de Educación ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2014-15.

Poderán  solicitar estas axudas os pais / nais e/ou titores legais do alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.

A novidade desta convocatoria é que unha vez rematado o curso para o que se mercaron os libros, o alumnado que accedeu a estas axudas deberá depositalos libros de texto no banco de libros do centro.

Haberá que presentar unha solicitude por cada fillo matriculado en centros sostidos con fondos públicos nas ensinanzas sinaladas.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Educación Primaria e Educación Especial:  do 2 de xuño ao 2 de xullo

Educación Secundaria:
.- do 25 de xuño ao 28 de xullo, para o alumnado que aprobe todo en xuño
.- do 2 de setembro ao 2 de outubro, para o alumnado que teña que presentarse ao exmes da convocatoria extraordinaria de setembro

En todo caso, a solicitude presentarase no centro no que o alumnado se matricule para o curso 2014-15.

No hay comentarios:

Publicar un comentario