lunes, 7 de julio de 2014

PROTOCOLO TDAH ENTRE AS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN E DE SANIDADE




No portal da Consellería de Educación ven de publicarse o Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.

Unha ferramenta de traballo para os profesionais  (sanitarios e educativos) que intervimos cos rapaces en proceso de diagnóstico ou xa diagnosticados con TDAH.  Tamén é útil para que as familias coñezan os procesos de diagnóstico e intervención, así como o seu papel en todos eles.

Un documento moi demandado para mellorar a coordinación entre os diferentes profesionais que inciden nos diferentes momentos da intervención para unha detección precoz e un tratamento mais eficaz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario