jueves, 28 de agosto de 2014

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2014-15


Aberto o prazo para solicitar axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2014-15.


Son axudas para cursar estudios regrados de ensinanzas obrigatorias e postobrigatorias.

Están dirixidas a alumnado escolarizado en centros educativos españois, que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 30 de setembro.





BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA NIVEIS DE ENSINO POSTOBRIGATORIOS

Está aberto o prazo para solicitar bolsas de carácter xeral para o curso 2014-15, para estudantes que cursen estudios postobrigatorios.





DESTINATARIOS:

Alumnos matriculados no curso 2014/15 nos seguintes niveis:
  • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas profesionais
  • Ensinanzas deportivas
  • Ensinanzas artísticas superiores
  • Estudios relixiosos superiores
  • Estudios militares superiores
  • Estudios de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidad de distancia
  • Cursos de preparación para probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Programas de Cualificación Profesional Inicial e Formación Profesional Básica

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

  • O 30 de setembro para os niveis non universitarios 
  • O 15 de octubre para os universitarios.