domingo, 12 de octubre de 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ 2014 PARA DOUS DEFENSORES DA INFANCIA E DO DEREITOS DOS NENOS/AS Á EDUCACIÓN





O Comité Noruego para o Nobel da Paz 2014, ven de anunciar  (podedes ver o comunicado completo en inglés, clikando aquí) ven de otorgar o Premio Nobel da Paz 2014, á paquistaní Malala Yousafzai e ao activista indio Kailash Satyarthi, "pola súa loita contra o opresión dos nenos e xoves e polo dereito de todos os nenos á educación".

Demostrando unha grande coraxe persoal, Kailash Satyarthi, seguindo a tradición de Gandhi, liderou varias formas de protesta, todas pacíficas, poñendo o acento na grave explotación económica dos rapaces. Tamén ten contribuido ao desenvolvemento de importantes encontros internacionais polos dereitos dos nenos/as. 

Malala Yousafzay, pese a súa xuventude, leva varios anos de loita polos dereitos das nenas á educación, e deu exemplo de que os xoves, tamén, poden contribuir a mellorar á súa  propia situación.  Fixo isto baixo circunstancias moi perigosas.  A través da súa heroica loita convirteuse na voceira dos dereitos das nenas á educación.
En outubro de 2013, El Pais publicou unha entrevista de Rosa Montero a Malala Yousafzay, co gallo da publicación do seu libro Yo soy Malala, no que conta a súa loita polo dereito das nenas á educación dende que o 9 de outubro de 2012 atentaron contra ela (cun disparo na cabeza) por ir á escola e loitar para que  as nenas foran á escola en  Paquistán.
Podes ver aquí unha cronoloxía da historia de Malala a través das entradas ao respecto neste mesmo blog:



No hay comentarios:

Publicar un comentario