domingo, 9 de noviembre de 2014

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Dende fai 2 cursos, no centro vimos traballando na materia de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO utilizando as técnicas de aprendizaxe cooperativa.  Coa sorte de que en 2º, a profesora de tecnoloxía continúa traballando na súa materia con esta metodoloxía.


Pensamos que esta metodoloxía reporta uns beneficios importantes:



.- O alumnado aprende a traballar en equipo.  Non podemos dicir sempre que o alumnado non sabe traballar en equipo si nunca lles ensinamos.


.- O alumnado aprende a cooperar:  o meu traballo é importante para o logro dos obxectivos do equipo e o traballo do equipo vai mellorar os meus resultados individuais.

.- O alumnado traballa as normas básicas do traballo en equipo: todas as aportacións son importantes; debo respectar as aportacións dos demais; debo respectar o turno de palabra; debo axudar aos compañeiros e pedir axuda cando o necesito...

.- Fomentamos a autonomía e a iniciativa persoal, así como a creatividade.

.- O alumnado aprende a buscar e tratar información, así como a elaborala; obxectivo que debería ser prioritario nos nosos centros dado que vivimos na sociedade da información e da comunicación.

Deixovos aquí enlaces a documentos que poden axudarvos a implantar esta metodoloxía nas aulas:

Algunas ideas prácticas de Pere Pujolás, base do traballo que realizamos nas nosas aulas

Estructuras cooperativas simples   de Ginés y Maribel autores del blog Orientación Andújar

Implantación de estructuras cooperativas de Ginés y Maribel autores del blog Orientación Andújar

Ademais, déixovos o enlace o blog: As danzas tradicionais de Cangas, que recolle o traballo desenvolvido o curso pasado no Proxecto Interdisciplinar, onde podedes ver un exemplo práctico así como todos os documentos que se usaron para levalo a cabo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario